menu Menu
INFECTAR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Agosto 18, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
TINTÍN PERDEU A VIRXINIDADE Anterior EN DEFENSA DA LUCIDEZ Seguinte


Levo moitos anos mantendo, neste blog e en cantos foros me permiten ( e non son nada orixinal na argumentación ) que para fomentar de verdade a lectura o que hai é que contaxiar, infectar aos cativos/as desde a enfermidade lectora dos adultos/as. Se os meus fillos ven todo o tempo que ao longo do día lle dedico aos libros, e que non me amarga facelo, e que gozo lendo, e que é unha parte de min ( levo libros ao parque mentres están no bambán, levo libros de vacacións, á praia, no sofá do salón… ) daquela é moi probable que sintan curiosidade por saber que hai de pracenteiro niso que fai papá.
Todo isto a conta dun artigo de Almudena Grandes, de quen xa teño confesado que non gusto nada nadiña da súa obra literaria. Sen embargo, algúns dos seus artigos téñoos traído a este blog pola súa lucidez e verbo atinados.
Está enteiro aquí.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar