menu Menu
INFOLLABLE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 18, 2011 0 Comentarios 2 min lectura
LE DE BALDE O PRIMEIRO CAPÍTULO DE 'ME LLAMABA SIMBAD', 'EM DEIA SIMBAD' OU 'CHAMÁDEME SIMBAD' Anterior A FIN DE MES, 'GENERACIÓN PERDIDA' (EN CASTELÁN) NAS LIBRERÍAS Seguinte

Silvio Berlusconi cualificou a Angela Merkel como culona mantecosa infollable, segundo a prensa, un comentario que, ademais de estúpido, demostra, así de radical me erguín hoxe pola mañá, que a democracia ten uns fallos tremendos.

Berlusconi pode ser un follador compulsivo. Que lle aproveite. Poder ser estúpido (non digo que o sexa) por facerse transplantes capilares ou estiramentos faciais. Que lle aproveite. Pode ser un prostituidor de menores (ten unha causa aberta). Que noxo.

Berlusconi pode ser o que queira.

Pero, sobre todo, é o presidente de Italia, posto aí democraticamente, é dicir, polos votos dos italianos e italianas que, seica, non lles importa estar gobernados, no básico, por un machista. Nunca faría tal comentario de ser Angela Merkel un pibón dos que apareceron nas imaxes das orxías por el organizadas, por certo, a conta da caixa pública. Nunca faría tal comentario de ser, por suposto, un home feo. Como é el. Porque é feo de narices, con perdón.

A pregunta non é se Angela Merkel é follable ou non. A pregunta é como é posible que un tipo coma este gañe unhas eleccións. Un tipo recoñecido como fascista, que entra nos programas de telemerda a rifar en directo cos presentadores.

Etcétera.

A pregunta é ata que punto un tipo que só fode (perdón) pagando, que está rodeado de belezas pagando, que é adulado polas femias ás que paga, pode facer comentarios dese tipo sen que os seus veciños se poñan a vomitar compulsivamente.

Dicía Platón que para políticos só valían os máis excelentes.

Berlusconi é un excelente exemplo de todo o contrario.

E non son muller nin me gustan os homes pero, se fose muller ou me gustasen os homes, Berlusconi pareceríame infollable.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar