menu Menu
IRIDIUM ENTRA NA LISTA IBBY DE OSLO COMO UN DOS MELLORES LIBROS DO MUNDO NO TRATAMENTO DA DISCAPACIDADE
É unha lista internacional bianual
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Sala de prensa en Decembro 7, 2020 0 Comentarios 1 min lectura
40 anos sen John Lennon Anterior Sobre a bondade dos paseos Seguinte
Acaban de comunicarme que o meu libro IRIDIUM vén de ser incluído na prestixiosa Lista IBBY de Oslo que recoñece, bianualmente, os mellores libros do mundo no tratamento da discapacidade.
Este é un recoñecemento moi importante que, ademais de incluir o libro no Catálogo do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais (máis coñecida como Lista Outstanding Books) implica que o libro estará exposto na vindeira Feira do Libro de Boloña (Italia) e que estará en distintas exposicións itinerantes por todo o mundo.
O Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais foi creado en 1985 no Norwegian Institute for Special Education da Universidade de Oslo e ofrece servizos de información, consulta e documentación sobre esta temática. Grazas aos seus proxectos internacionais, que contan co apoio de Unesco, a institución posúe unha gran colección de libros para nenos e mozos e tamén para adultos con dificultades de linguaxe e de lectura.
Podedes maxinar o estado de alegría no que agora me atopo porque este libro, publicado orixinalmente en Galaxia, e que tamén está publicado en castelán, catalán e éuscaro, reciba tan alto recoñecemento.

iridium ibby oslo


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar