menu Menu
LA FRONTERA INFINITA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 14, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
MORTADELO E FILEMÓN Anterior O MEU PAÍS É ASÍ Seguinte

Sempre gustamos de celebrar as boas novas. E que obras de fóra cheguen ao galego e que obras galegas viaxen cara fóra sempre é unha boa nova.
Neste senso, quero mostrar aquí a miña ledicia pola aparición do libro de Celso Emilio Ferreiro, La Frontera Infinita, traducción ao castelán publicada por Factoría K quen, ademais, aproveita para tirar tamén en castelán os Males de Cabeza de Fran Alonso e, en galego, Cuspirei sobre as vosas tumbas de Boris Vian.
Xa dixen moitas veces que o sistema literario e editorial galego funcionan con normalidade nun país que, ao respecto do propio, é dabondo anormal. Nese senso hai que entender que un dos grandes acontecementos dos derradeiros anos está a ser, precisamente, a fluidez coa que as traducións viaxan dunha lingua a outras e viceversa.
Espero que os lectores non galegos poidan disfrutar grandemente da edición deste clásico de Celso Emilio Ferreiro. Leva, ademais, un prólogo, lúcido e interesante, de Ramón Nicolás, que lles axudará, aos lectores de fóra de Galicia, a entender ese Gulliver enorme que o poeta de Celanova era.
As fronteiras esvaécense, desaparecen grazas ás traducións. E é a literatura, precisamente, a que se volve infinita.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar