Xa recoñecera que tiña a Lovecraft sen ler. Unha desas eivas que se producen na formación lectora dunha persoa, en xeral, e dun escritor, en particular, por mor do costume de ler como leo eu, sen orde e con moito desconcerto. Podería quedar de pinga dicindo iso de que leo dun xeito ecléctico. Pero non, crédeme, é puro caos na escolla dende moi noviño.
Por iso, para reparar esa eiva, pasei as últimas semanas lendo El Alquimista y otros relatos de H.P. Lovecraft que aproveito para recomendar.
A pesar de que o que queda trala lectura de todos eses relatos é a sensación de que o autor escribe unha e outra vez a mesma historia, o certo é que, dende o punto de vista narrativo, o grao de liberdade literaria que manexaba era máximo. Sabido é que en vida non lle publicaron nin un só libro, así que igual foi por iso que escribía como lle petaba, gozando do pracer que transmite o propio feito de escribir.
Despois, como acontece con tantísimas persoas, foi recoñecido como un mestre, no seu caso, da literatura de terror. Sobre iso teño dúbidas: eu colocaríao máis ben dentro do que poderiamos chamar, sen máis disimulos, literatura surrealista, ou onírica ou, se me apurades, incluso, por veces, psicanalítica.
En calquera caso, serve para pasar ben o inverno.
Aquí queda constancia. Agora, agasallo dunha boa amiga, estou con isto.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.