menu Menu
LECTURAS DE OUTONO: LA LADRONA DE LIBROS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 16, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
BICOS E APERTAS Anterior O BIBLIOTECARIO Seguinte

Onte rematei a lectura dun libro que me fixo gozar como había anos que non me pasaba. Xa sei que este tipo de cousas dicímolas con moita frecuencia. Pero desta vez é máis que verdade.
La ladrona de libros de Markus Zusak é un deses textos que a calquera escritor nos encantaría escribir. Pleno de orixinalidade, é un libro moi groso que a pesares de tantísimas páxinas non perde forza nin nun só dos seus parágrafos.
A morte conta, en primeira persoa, e cunha voz dun poder abraiante, a historia de Liesel, unha nena que é entregada en adopción a unha familia nos inicios da era hitleriana. O autor constrúe uns personaxes ( a propia morte, Liesel, Rudy, Hans, Max, Rosa, Alex… ) que serán difíciles de esquecer para quen teña lido o libro.
Liesel sobrevive roubando libros. Ou máis ou menos sobrevive.
É este un libro que se le con algo apertando na gorxa, algo oprimindo as vísceras, algo suxeitándonos a emoción ata a asfixia. Un texto para crer na literatura e que deixa claro, desde o primeiro capítulo, que á hora de escribir vale absolutamente todo.
Que se é a beleza quen guía a man do escritor vale absolutamente todo.
Un libro, tamén, para darlle nos fociños a todos aqueles que din que hoxe en día o estilo non conta. Claro que conta. Conta moitísimo.
Disimulade o entusiasmo.
Pero alucinei.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar