menu Menu
LECTURAS DE OUTONO: PONDAL, BAUDELAIRE, POE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 23, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
DÍA DA BIBLIOTECA Anterior O CEO DOS AFOGADOS Seguinte

Veño de rematar, nunha soa tarde, tres libros editados pola Editorial Tris Tram que recollen unha antoloxía de poemas de Baudelaire ( en versión francesa e galega ), de Poe ( inglés e galego ) e de Eduardo Pondal.
Son tres libros diminutos que non chegan nin a ser de peto. Son de peto de camisa. Un formato cómodo e baratísimo para volver a reler poemas de viño e dor ( Baudelaire ), de corvos e amor gótico ( Poe ) e de paixón céltica e de Breogán ( Pondal ).
Agora, o máis interesante: cada libro de poemas saiume por 3.95 euros.
Para que logo digan que ler sae caro.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar