menu Menu
LECTURAS DE VERÁN: COMANDANTE HUSSI
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xullo 19, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
LECTURAS DE VERÁN: TAN BONITA, MARGARITA, TAN BONITA COMO TÚ Anterior VARGAS LLOSA, DESTA VEZ SI Seguinte

Veño de rematar a lectura de Comandante Hussi, un libro traducido ao galego (fantástico no xeito en que conservou o poderío lírico do orixinal ) por Ramón Nicolás e editado por Kalandraka, e da autoría do escritor de Cabo Verde, Jorge Araújo.
Recoméndovolo con entusiasmo. É algo distinto. Algo moi afastado, para ben, do que polo xeral adoitamos ler.
Conta a historia dun neno soldado en calquera das moitas guerras do terceiro mundo que nós consentimos. Un cativo que só quere voar coa súa bicicleta ( que fala ) e xogar ao fútbol.
É un texto que, a pesar da dureza do que nos conta, é capaz de facelo desde a beleza e a lírica, desde a paixón, pese a todo, na humanidade e a esperanza no poder inmenso da fantasía infantil para enfrontarse a unha realidade, adulta, cruel, é dicir, sen bicicletas nin fútbol.
Un texto delicioso dun autor sorprendente.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar