menu Menú
LECTURAS DE VERÁN: LA VANIDAD DE LOS DULUOZ
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en agosto 27, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
XA SOMOS MOITOS OS QUE PENSAMOS IGUAL ( UNHA OPINIÓN, TAMÉN, DRAMÁTICA ) Anterior NON PODE HABER LECTORES EN GALEGO ( UN ARTIGO DRAMÁTICO ) Siguiente


Había moito tempo que non gozaba tanto cun libro como coa obra de Jack Kerouac, La vanidad de los Duluoz ( Anagrama ), un texto no que o escritor nos informa da súa Educación Audaz, é dicir, os seus anos de formación como escritor. Pero é un libro tamén nos que se nos conta a súa vida ( inevitable non ter sempre, cando un le este tipo de libros, a mesma sensación: a miña vida é ben aborrecida… ), é dicir, o seu paso polo Fútbol Americano ( foi toda unha estrela ), a súa vida de mariñeiro, e as súas andanzas durante a Segunda Guerra Mundial. Por suposto, tamén toda a súa iniciación underground, as drogas e todo iso…
Pero, sobre todo, esta obra impresionante é unha longa carta dirixida á súa muller na que explica, como dixen, como foi que decidiu ser escritor.
O libro impresionoume por moitos motivos. Mais o que agora quero compartir con vós é un pensamento de Kerouac que sempre fixen meu: converteuse en lector porque decidiu pasar do sistema educativo tradicional. Pasou das clases, da academia, dos profesores da universidade, de Todo O Oficial, e, como a cousa máis lóxica do mundo, entrou nas bibliotecas e leu. O que lle petaba. Ceibo.
Despois, fíxose escritor.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar