menu Menú
Leia
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 27, 2016 0 Comentarios 1 min lectura
A lectura en dixital. A lectura. Anterior En defensa da Filosofía Siguiente

Un día de novembro de 1977, un feixe de nenos e unha nena do barrio de Teis, subían no Vitrasa número 11 para ir ao centro, concretamente ao Cine Fraga, á estrea «La Guerra de las Galaxias». Nervios. Risas Co Un cine grande, inmenso, con clase, nada que ver co noso Cine Roxy de a diario. Todo un acontecemento. Recordo que facía sol. O impacto que aquela película tivo sobre Fito, Tote, Juan, Pucho, Miguel, José el de Abajo, Cristinita, e sobre min, claro, foi enorme e definitivo. Pasamos os días seguintes xogando a que eramos Jedis, a que acababamos co Imperio, a que tiñamos pistolas que lanzaban láser, a que podiamos voar polo espazo estelar libres e ceibos coma Luke Skywalker…

Lembro moi ben aqueles días e lembro o moito que me gustaba Carry Fisher, aquela atriz case que adolescente a quen ollei engaiolado durante meses nun póster dalgunha revista (creo que do «Lecturas» que mercaba a miña madriña) que estaba pegado, quen sabe como, nunha das «paredes» por chamalo dalgunha maneira, dunha das moitas cabanas de cartón, madeira de caixas de froita do mercado e imaxinación que faciamos por aqueles días.

E lembro, sobre todo, un día, no meu portal, xogando a «La Guerra das Galaxias» nos que collín a Cristinita, ou sexa, á Leia do noso xogo de barrio, e lle espetei un morreo no medio da boca. Eu era Han Solo. Ela era Leia.

(In memorian Carry Fischer 1956-2016)


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar