menu Menu
LER PARA VOLVER Á INFANCIA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 14, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
QUE NON MORRA Anterior UNHA HISTORIA TRISTE Seguinte

Por rematar coa entrevista con Umberto Eco á que lle estou a zugar tanto zume, podía ser interesante reflexionarmos sobre esta súa afirmación, cando menos, curiosa: quizá sea éste el motivo por el cual escribo, para encontrar estos momentos muy breves de felicidad que consisten en recordar momentos de la propia infancia. Sí, por eso escribo.
Escribir para recuperar a infancia. Eu, desde logo, sei que non escribo por iso. Pero si que podo afirmar que, en boa medida, leo a diario por iso: por volver experimentar a felicidade inmensa que sentía cando era capaz de mergullarme nun libro ata desaparecer por completo todo o demais. Cando atopaba, por dicir un, personaxes tan valentes e arriscados e imitables e retranqueiros e envexables na súa vida como, por exemplo, Philleas Phogg. Por volver vivir todo iso cos mesmos ollos admirados cos que lía de cativo, por iso leo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar