menu Menú
LETRAS GALEGAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 16, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
E SE NON EXISTISE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS? Anterior O DEMOCRÁTICO É RESPECTAR Á MINORÍA Siguiente

Letras galegas, para comer, para sentir máis, para non nos perder, para atopar o noso camiño no medio do universo, para saber quen somos, de onde vimos, cara onde queremos ir.

Letras galegas porque sabemos que non hai decretos que poidan parar a forza dun amor enorme, porque temos claro que se nos move a paixón limpa amparada pola historia e o recendo das mimosas nada pode ir mal.

Letras galegas para facer unha festa, para reivindicar o son meigo dunha fala ancestral que vén de moito antes que antes, para organizar, tamén, unha orxía de fonemas nosos contra dos, nunca mellor dito, deslinguados que queren soterrarnos na súa escuridade.

Letras galegas para escribir poemas, para ler versos, para dar beliscos amparados pola primavera, para facerlle sitio aos corpos, á paixón e á beleza.

Letras galegas que sexan galegas.

Neste 17 de Maio, Letras Galegas.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar