menu Menu
LETRAS GALEGAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Maio 16, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
MAÑÁ TODO VOLTARÁ Á NORMALIDADE Anterior OS LIBROS ABRÍNDOLLE O MUNDO AO PEQUENO NERUDA Seguinte


Letras. Galegas e xa que logo universais. Porque o meu é un país tan grande que non lle chega o mundo todo para entrar en el. Palabras de meu, de ti, de nós, de seu. Coas que dicir de amor ou de odio, para cantar en días de saraiba ou en desacougadas noites de tristura. As letras galegas, maltratadas polos seus propios herdeiros, os galegos, as galegas, tan ceguiños por mor da historia e dos prexuízos que lles foron metendo.
Letras galegas, nas que fala a miña prole, nas que conto e canto e quero e quero que me canten contos.
Feliz día.
Malia todo, estamos, somos, existimos, falamos.
En galego.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar