menu Menu
LIBRO PECHADO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 12, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
CANDO SEXA GRANDE XA LLE APRENDEREI "El GALLEGO" Anterior O DATO QUE FALTABA Seguinte


Aínda que non nos colleu de sorpresa a noticia, porque eramos capaces de poñernos no peor, a súa confirmación doe. A nova dirección da TVG suprimiu Libro Aberto, o programa de libros da televisión pública galega. E iso non é o máis grave, senón que esa nova dirección suprime o Servizo de Cultura da CRTVG que viña funcionando desde 2005.
Pecharon Aberto por reformas na Radio Galega, un programa dedicado á música de nós. Agora Libro Aberto. É obvio que detrás irán caendo todos e cada un dos programas de cultura galega.
É un galeguicidio meditado, feito con todas as premeditacións.
E, insisto, doe.
Como doe pensar que, no fondo, á meirande parte dos meus compatriotas non lles preocupa o máis mínimo todo o que veño de escribir máis arriba.
Dóeme escribir isto. Pero coido que é certo. Que quiten a cultura galega da televisión non semella preocuparlle a moita xente. Non se vai traducir en perda de votos. Por iso poden facelo con tanta claridade. Por iso poden suprimir a proba de galego das oposicións ou do ensino. Porque saben que, no fondo, á xente o que lle preocupa é a crise de Nadal no tenis.
Agora, por favor, que programen un ciclo de sevillanas. Ou unha retrospectiva de Paco Martínez Soria. Ou de Fernando Esteso e Andrés Pajares Que se note que somos un país aberto ao mundo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar