menu Menú
LIBROS DE PAPEL versus LIBROS ELECTRÓNICOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 20, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
O FALLO FOI UN FALLO Anterior COMO MUDARON OS TEMPOS Siguiente

Hai ben de tempo que tiña gañas de ligar aquí este meu blog con este artigo do sempre lúcido e claro José Antonio Millán.
E tiña gañas de facelo porque coido que a súa posición – equilibrada e ecuánime – é a que no fondo explica mellor que ningunha outra o que vai ser e debe de ser o futuro do libro e o que ten que seguir sendo e debe de ser o senso común.
Fronte dos apocalípticos que levan augurando a desaparición do libro desde hai non sei canto, aos que se negan en redondo e en cadrado a aceptar a evidencia inevitable do dixital, impóñense opinións coma a súa: amamos os e-books por todo o que nos van permitir facer ( acceso rápido á información, podermos ler libros moi antigos dixitalizados, etc… ); pero aínda non hai invento máis cómodo, xeitoso e amigable, para ler, que un libro de papel dos de toda a vida.
A convivencia é inevitable. E dicimos máis: é o mellor dos estados posibles.
Porque por moito que nos dean os libros electrónicos, os que amamos os libros non imos deixar de gozalos; pero por moito que amemos os libros que cheiran a libros e teñen tacto de libros e «soan» coma libros, non imos deixar de aproveitar outros soportes que, pola súa inmediatez e posibilidades, poden completar a nosa felicidade lectora.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar