Onte, vendo esa marabilla que é Documentos TV ( impagable Erquicia ) falaban das adiccións na sociedade de consumo. Ás compras, á delgadez… Explicaban que unha das causas dese tipo de conductas compulsivas era a televisión e as súas mensaxes obsesivas.
Contra o final da reportaxe, deron un dato abraiante: en España, cando un neno remata a Secundaria, terá pasado o dobre de horas vendo a tele que na clase.
Daquela, semella obvio que hai que levar o mundo do libro á televisión. Estamos cargándolle a responsabilidade do fomento da lectura ao colexio cando, os datos son os datos, pasan o dobre de tempo co profesor catódico.
Case que me dan gañas de poñerme melancólico e lembrar aquí que, cando eramos nenos, na programación infantil, saía todos os días Gloria Fuertes recitando poemas…
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.