menu Menú
LOIS PEREIRO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 26, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
AMOR, DESAMOR. A VIDA Anterior A POLÉMICA DO VEO É ARTIFICIAL, ¿O DA LINGUA NON? Siguiente

Lois Pereiro é o autor elixido pola RAG para a celebración do Día das Letras Galegas 2011. Tempo teremos, unha chea, de nos ocupar da súa obra e da súa vida.

Eu, agora, coa urxencia de ter escoitado a nova hai un cacho, só podo dicir que un dos libros dos que máis gocei nos últimos tempos foi o seu Poesía última de amor e enfermidade. Linlles poemas deste libro aos asistentes a algúns dos meus obradoiros literarios. Límolos xuntos. Reflexionamos xuntos. Estremecémonos xuntos. Poemas escritos dende a lucidez inmensa que da a asunción do propio destino; versos que nacen dende un desaforado -como debe ser- desexo de amar; palabras que deixan claro que, cando amamos e desexamos, é a todos e a todas.

Un libro do que beber beleza e verdade con devoción.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar