menu Menú
MÁIS CULTURA ( NOCTÁMBULA ) NA GALEGA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 15, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
FALANDO DE XERACIÓN PERDIDA, PRESENTANDO SPAM EN CANGAS E RECITANDO POEMAS NO ENSANCHE Anterior ¿COCIÑAMOS? ( UN XOGO MÁIS ) Siguiente


Hai tempo, no meu outro blog, fixen ( como outra moita xente ) campaña activa para que o programa de libros da Galega, Libro Aberto, se emitise a unha hora decente, sobre todo, porque a pesares de emitirse, entre semana, case que as dúas da mañá, é o programa de libros con máis audiencia de todo o estado.
Hoxe érgome coa boa nova de que o programa cultural Miraxes, que ata o de agora só se emitía nas fins de semana, a partires de hoxe pasa a ter unha edición máis, tamén os luns… pero case que á unha da madrugada
Daquela, a boa nova, que o é, paréceme xa menos boa, aínda que o sega sendo. Celebro esta noticia, a pesares do horario, porque gosto de Miraxes. Pero gustaríame, tamén, o martes, non andar estomballado por aí por terme deitado, por pura paixón cultural, ás horas que, entre uns e outros, están obrigándome a deitar.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar