menu Menú
MÁIS DE 2000 MILLÓNS PARA DEFENSA. SÓ 800 PARA CULTURA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 9, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
OXALÁ PUIDERAMOS ESTAR CALADOS Anterior ¿HAI LITERATURA PARA HOMES E LITERATURA PARA MULLERES? Siguiente

crise

Semella que nos últimos tempos, neste meu blog non falo máis que de cartos. Pero é que ten que ver, e moito, co asunto cultural.

E se hai uns días suxeriamos que aproveitando iso da crise as administracións públicas ían pechar moitas billas, hoxe, lendo de vagar os Orzamentos Xerais do Estado previstos para este 2010, vemos que no apartado dedicado a Cultura hai un descenso de -6.1 por cento. Que dito así pode semellar unha mingurria pero é algo así como 60 millóns de euros menos que o ano pasado.

Eu son dos que pensa que o nivel de evolución dun país pode medirse polos recursos que se destinan a cultura. E non só iso, senón tamén pola resultante da comparativa con outras partidas.

E agora, que cada quen saque as súas conclusións.

Para cultura quedan 807.52 millóns de euros. Que son moitos euros, dende logo. Menos que o ano pasado pero unha chea. Vale. Pero agora, comparemos. Para Presidencia (que non sei eu que nivel de importancia pode ter para a cidadanía), serán 926.72, é dicir, máis que para cultura. E, como guinda, Defensa, é dicir, o exército e o armamento. Para iso hai 2.691.99 millóns de euros.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar