menu Menu
MÁIS PRADOLONGO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Abril 11, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
HOXE FALAREI DE CARLA BRUNI E LETIZIA (UNHA REPUBLICANA REFLEXIÓN) Anterior O MEU DÍA DE LOUCURA BEATLE Seguinte

Dende o primeiro momento amosei a miña devoción por Pradolongo, a película que con tanto esforzo rodou Ignacio Vilar e protagonizada por Roberto Porto, Rubén Riós (incombustible dinamizador, tamén), e Tamara Canosa, de quen me declaro admirador entregado. Xa o dixen no seu día: gusto da película non por cuestións patrióticas ou de apoio ao noso por enriba de calquera outra cousa, como tantas veces nos acontece. Gusto dela porque é unha boa historia, ben contada, ben interpretada e porque, aínda que arranca da nosa realidade, é unha trama que se podería extrapolar a calquera país do mundo e alí onde se estrease, había ser entendida. Velaí unha das cousas que lle pido, por exemplo, a un bo libro: que emocione en calquera parte do mundo. Ás películas pídolles o mesmo.

Agora, sabemos que Pradolongo será a primeira película de ficción en galego que se vai exhibir nas salas de cine de Portugal. O cine galego, xa que logo, comportarase cunha certa normalidade, a mesma que desexaríamos dun xeito habitual para todos os nosos produtos culturais. Porque mellor que unha boa parte das películas estadounidenses que copan todas as nosas salas de cine, é.

Que as nosas historias, postas en imaxes lindas como as desta peli, viaxen polo mundo enteiro.

Daquela, será aínda máis primavera.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar