menu Menu
MALDITO POCOYÓ
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Febreiro 9, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
A NOITE EN QUE CANTEI CON SUSO VAAMONDE Anterior GALICIA É BAOBAB Seguinte

A miña pequena vai cumprir dous anos. E na súa lingua de trapo é galegofalante completa. Pide ir “ao chan” e chámanlle a atención “os cans”. Vaise disfrazar de “carrapuchiña” e todo iso que xa imaxinades.

Na casa fálase galego e transmítese a lingua con amor e devoción.

Pero chegou Pocoyó.

Un familiar deulle un DVD coas dúas primeiras tempadas do pequerrecho azul (por outra banda, hai que recoñecelo, divertidísimo). Nun dos capítulos, a historia gravita arredor dun xoguete deses que serven para facer burbullas de xabón. Cunha cousa desas a miña nena métese na bañeira e ela sopra e eu sopro.

Onte díxenlle:

– Mira, para facer burbullas. Como Pocoyó!

– Burbujas – dixo ela en perfecto castelán de Pocoyó.

– Si, chuliña – contestei eu con voz melosa – iso é, bur-bu-llas.

– Burbujas! – repetiu ela con máis énfase.

– Si, meu amor, si, bur-bu-llas, bur-bu-llas… como Pocoyó, ¿a ver como era que se dicía?

– Burbujas! – confirmou insistente, tal Pocoyó.

Mireina moi serio. Pensei nos de Galicia Bilingüe, que insisten en que co actual sistema hai nenos que non aprenden o español. Ollándoa coa miña ollada máis amorosa, sentenciei:

– Pompas, miña rula. Son pompas.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar