menu Menú
MAÑÁ EN SANTIAGO, PREMIO A AGUSTÍN
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en octubre 18, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
RADICAL ( PERO NON DEBERÍA ) Anterior BICOS E APERTAS Siguiente


Mañá estarei a iso das 12 e media no Colexio de La Salle de Santiago, para entregarlle ao grandísimo Agustín Fernández Paz o Premio Frei Martín Sarmiento polo seu libro Corredores de Sombra, gañador, para un durísimo e esixente xurado formado por miles de escolares de toda Galicia,como mellor libro do ano na categoría de máis de 14 anos.
Entrégollo eu porque o meu Un Bosque Cheo de Faias gañou o ano pasado e, xa que logo, tócame facer de mestre de cerimonias coma o ano que vén tocaralle a Agustín.
Cando saiu Corredores de Sombra xa dixen todo o que pensaba: no básico, que é unha obra magnífica, que o seu final é soberbio, que o pulso do narrador é envexable, e que o personaxe da rapaza protagonista é máis que verídico e, sobre todo, delicioso. Así que non me estraña que os escolares galegos tamén o consideraran o mellor do ano.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar