menu Menu
MAÑÁ TODO VOLTARÁ Á NORMALIDADE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Maio 17, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 6 Anterior LETRAS GALEGAS Seguinte


Hoxe, como cada domingo desde que era un neno, saín mercar o xornal. Antes, para meu pai. Desde os 17, para min.
Collín o meu. O quiosco estaba cheo. Un home máis ou menos do meu tempo, preguntou polo seu. A señora do quiosco díxolle que estaba aí, onde sempre. O señor dixo, cun fermoso acento das Rías Baixas, “ah, claro, es que como está la portada en gallego no me había dado de cuenta”.
Que non se preocupe o meu veciño. Mañá non terá problema ningún para recoñecer o seu xornal habitual ou calquera dos demais.
Mañá este país será, por desgraza, normal. Os xornais, en castelán. E moitos, reaccionando ante a manifestación, dicindo que o castellano corre un perigo terrible de desaparición en Galicia.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar