menu Menu
MARIMANTA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 24, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
MAÑÁ EN PONTEVEDRA Anterior OXALÁ, SEÑOR FEIJOO, OXALÁ Seguinte


Hai xente que non se queixa e ponse a turrar do carro, hai xente que non sabe de pesimismos e traballa para que as cousas vaian para mellor.
Un blog coma este, que tantos anos leva xa falando, en positivo, do fomento da lectura, ten que mostrar o seu entusiasmo diante de iniciativas coma esta de Marimanta, que hoxe coñezo. As cousas fanse así. Montemos obradoiros para que os pequenos amen os libros, chalas para que os pais entendan como estimulalos a ler, outro para que debuxen… as posibilidades son infinitas. Sobre todo cando hai xente entusiasta e entusiasmada detrás como o grandísimo Xosé Tomás e os demais betanceiros poderosos.
Longa vida para esta fermosura!


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar