menu Menú
MECANISMO DE DEFENSA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en noviembre 10, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
UN POST DEMAGÓXICO Anterior MUROS MENTAIS Siguiente

trompetiña

O mércores pasado espertei xordo do ouvido esquerdo. Non era que escoitase pouco, ou lonxe, ou baixo. Era que non escoitaba nada. Marchei a traballar escoitando en mono, en troques de estéreo. E, pola tarde, fun ao médico, quen me dixo que tiña un tapón enorme. E que no dereito estaba a formarse outro. Preguntei que por que pasaban esas cousas, e máis nun tipo tan limpiño coma min. Díxome que non tiña nada que ver con iso, senón que era un mecanismo de defensa do organismo.

A cousa rematou en catro días de gotas e, despois, unha enfermeira quitoume o asunto.

Un mecanismo de defensa… ¿pero de que?

Puxen a radio e escoitei a algúns dos nosos dirixentes falar de asuntos varios: a imposición do galego, como liberar aos do Alakrana, os impostos dos futbolistas, que hai brotes verdes… eu que sei. Tantas e tantas parvadas que estou comezando a notar que a xordeira está a medrarme, e que é certo que temos mecanismos de defensa diante das mamelucadas que, decote, nos toca aturar.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar