menu Menu
MEDIA HORA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 11, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
O BIBLIOTECARIO Anterior A POLÉMICA DE SEMPRE Seguinte

Onte estivo en Vigo un dos xefes de PRISA, Juan Luís Cebrián, dando unha charla convidado polo Club Faro de Vigo.
Nun intre e segundo recolle o xornal ( eu non estiven na conferencia ), falou de que os españois dedicamos unha media de tres horas a ver a televisión e só media a ler. Despois relacionou este dato co esforzo.
Leva razón: ver a tele non require moito esforzo. De feito, os programas que implican unha certa concentración marxínanse a horas intempestivas ( o noso espazo de libros, por exemplo ).
Sen embargo, esa media hora de concentración lectora é media hora de esforzo, de atención, de implicación intelectual.
Igual por iso a xente non le.
Porque ler cansa.
Daquela, igual temos que darlle a razón, por seguir teimando no tema, aos que din que aos cativos hailles que dar a ler libros divertidos.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar