menu Menú
MENOS MAL QUE TEMOS INTERNET
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 18, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
O MEU ARTIGO NA VOZ DE GALICIA SOBRE OS BEATLES Anterior O LIBRO SI. A PELÍCULA NON. Siguiente

internet

Menos mal que temos Internet. Que nos fai visibles. Falo da cultura, da nosa, da que se fai na nosa lingua. Ás veces penso o bo que sería (utopía, utopía, utopia) que os xornais escritos, que as teles, que as radios, que os medios de comunicación que adoitamos cualificar como tradicionais lle concederan á nosa lingua, á nosa cultura, aos nosos creadores, a metade da visibilidade que na blogosfera conseguimos ter.

Así que debemos de bendicir este invento, e as redes sociais, e as arrobas e a nai que as botou, porque grazas a el dicimos o que pensamos, damos a coñecer o que facemos, debatemos sobre o que nos preocupa, chegamos a moitísima máis xente da que probablemente teriamos chegado se tiveramos que recurrir ás canles de sempre e, para felicidade do soño colectivo, temos a pura e bendita impresión de que, cando no menos no Reino do Virtual, no País Galego Electrónico, as cousas son normais.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar