O Observatorio da Cultura Galega vén de publicar un rigoroso informe que demostra que, mentres que no resto de España sobe o emprego cultural, é dicir, que cada vez hai máis persoas que traballan na cultura (escritores/as, pintores/as, actores-actrices, etc.), en Galicia perdemos, ao respecto de 2017, 1500 persoas. Concretamente en España medrou o número de traballadoras e traballadores en 3100 persoas mentres que nós perdemos ese milleiro e medio de mulleres e homes que non poden traballar na súa actividade e que, xa que logo, teñen que facelo noutra diferente. Unha moi mala nova que debe facernos reflexionar. Sobre todo porque o informe reflicte con claridade que nos últimos cinco anos, a tendencia, no conxunto de España, é de incremento de número de persoas que traballan no sector cultural mais o ritmo de crecemento en Galicia é menor.
Como digo sempre, para valorar o estado de benestar dunha cultura hai que medir tamén a saúde do seu sector cultural, e cando menos no caso galego, e ao comparármonos co resto das culturas da nosa contorna máis inmediata, o dato non é positivo.
Para reflexionar.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.