menu Menu
MENTIRAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xullo 20, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
É QUE DÁ GUSTO Anterior CALQUERA TEMPO PASADO... Seguinte

mentira

Ás veces dáme por pensar que vivimos no reino das mentiras.

Por exemplo este serán, cando nunha radio, unha desas filósofas que che saben moito da moda falaba de que se vai levar moito un biquini de non sei que tea especial que eleva o peito. Despois, falou duns bañadores para home que “evocan un verán de aventuras”. Aquela señora vendía mentiras. E penso que diso é do que nos nutren case que todos os días. A publicidade cuspe trolas sobre un mundo que non é. As modelos sorrin(me) felices da vida como se quixeran deitarse comigo. Os políticos falan de “brotes verdes” para animarme e que volva botarlles. O novo cristianismo (de Ronaldo e disimulen a brincadeira tan previsible) enchóupao todo. Un locutor di: temos fame de fútbol.

Apago a radio e vexo para o meu bañador. O mesmo dos últimos anos. E penso que non me transmite sensación de aventura.

Vivo nunha burbulla. E case que sempre, estóupame nos fociños cando estou no máis alto.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar