menu Menu
MITOMANÍA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 4, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
¿QUEN ME RESPONDE? Anterior PREGUNTAS QUE NON SON HABITUAIS AQUÍ Seguinte


Eramos poucos…
Por algo que non son moi ben capaz de comprender, existe unha especie de fenómeno, entre algunha xente famosa a, cando xa tocaron o cumio máis altísimo e altérrimo das súas carreiras, meterse a literatos. Gustaríame pensar que o fan porque, no fondo, son escritores frustrados. Pero non creo.
Tal vai facer Ron Wood que vén de anunciar que está a piques de sacar unha novela despois de publicar, estes días, as súas memorias ( eu son rockeiro frustrado e non me imaxino, cando pase dos sesenta e despois – espero – dunha boa cantidade de textos publicados, sacar un disco de rock and roll ).
A priori dáme a min que non vai ser unha gran cousa desde o punto de vista estilístico e tal. Sen embargo – merda de mitomanía – sei que a mercarei.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar