Eramos poucos…
Por algo que non son moi ben capaz de comprender, existe unha especie de fenómeno, entre algunha xente famosa a, cando xa tocaron o cumio máis altísimo e altérrimo das súas carreiras, meterse a literatos. Gustaríame pensar que o fan porque, no fondo, son escritores frustrados. Pero non creo.
Tal vai facer Ron Wood que vén de anunciar que está a piques de sacar unha novela despois de publicar, estes días, as súas memorias ( eu son rockeiro frustrado e non me imaxino, cando pase dos sesenta e despois – espero – dunha boa cantidade de textos publicados, sacar un disco de rock and roll ).
A priori dáme a min que non vai ser unha gran cousa desde o punto de vista estilístico e tal. Sen embargo – merda de mitomanía – sei que a mercarei.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.