menu Menu
MORTADELO E FILEMÓN
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 15, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
MAREA DE PALABRAS Anterior LA FRONTERA INFINITA Seguinte

Mortadelo e Filemón cumplen 50 anos.
Nunca agachei o moito que me gusta a banda deseñada e, desde logo, nin a miña novelística nin a miña vida serían a mesma sen lecturas como Mafalda, Astérix, Jabato, Capitán Trueno, os heroes da Marvel… Pero, sobre todo e por enriba de todos eles, Mortadelo e Filemón.
Todos temos lembranzas queridas da infancia. Unha das máis fortes que teño é eu rindo a cachón na cama, tería oito anos ou así, por culpa destes dous axentes entolecidos da TIA. Tanto foi o estrépito que montei, que miña nai e meu pai correron a fume de carozo ata o meu cuarto pois pensaron que quedaba sen aire e morría.
Se alguén me pregunta que é máis importante que lea unha crianza a día de hoxe, se algunhas das obriñas planas e superficiais e politicamente correctas e curricularmente adaptadas e toda esa verborrea pedagóxico-didáctica, ou os álbumes de Ibañez con Mortadelo e Filemón e toda a súa bendita iconoclasia crítica, non dubido. Farán moito máis polo seu desenvolvemento futuro que outras moitas obras máis correctas.
Porque estes dous, agás correctos, son moitas cousas.
Xa imaxino a Ofelia levándolle unha torta de cumpreanos aos dous axentes, pero Bacterio abre a porta sen se decatar e termina caendo sobre o Súper, o bigote cheo de nata, e Mortadelo e Filemón retorcéndose coa risa sen parar.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar