menu Menu
MOVER CONCIENCIAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Abril 20, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
REFLEXIÓN NO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO Anterior NON CEDA Á TENTACIÓN DE LER Seguinte

Hoxe en El País podemos ler unha interesantísima entrevista con Paco Ibañez. Entre outras cousas, e desde os seus máis de 70 anos, declara que lle gusta atizar conciencias. Canta falla nos fai.
Algunha vez falamos neste blog da necesidade de descubrir aos poetas coa axuda da música. Iso foi Paco Ibañez na miña infancia. Escoitaba unha e outra vez aqueles dous cassettes de meu irmán ( lévame dez anos ) de Paco Ibañez en el Olimpia de París. Descubrín así a moitos poetas.
E esa música ficou aí para sempre. De feito, nos meus talleres, ás veces lemos Palabras para Julia de José Agustín Goytisolo, e cústame moitísimo recitalo. Sempre quero cantalo coa música de Paco Ibañez. Por sorte para os asistentes, nunca me atrevo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar