menu Menu
MUROS MENTAIS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 8, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
MECANISMO DE DEFENSA Anterior O MEDO Á DISCREPANCIA NO PP Seguinte

caida_do_muro_de_berlin

Por todas partes escoitamos falar estes días de que hai 20 anos que caeu o Muro de Berlín. Non caeu porque os políticos así o quixesen. Non caeu porque dende a ONU así se decidise. Caeu porque un día a xente decidiu que tiña que caer, que xa era tempo.

A min, este tipo de efemérdes, no fondo, póñenme tristeiro. Porque vexo que hoxe segue a haber muros enormes que derrubar, mais non acho por ningures espírito favorable a provocar cambios. Atopo, e que me perdoen encetar un domingo con este pesimismo, moita actitude acomodada e, xa que logo, moita colaboración inconsciente.

Igual teriamos que identificar os nosos muros mentais.

Quizais descubririamos que son moito máis doados de derrubar do que pensabamos.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar