menu Menú
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (3)
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Oficina de Objetos Perdidos en diciembre 20, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
DESTA VAI (O libro oblicuo) Anterior DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: Aquel primeiro baile Siguiente

Hoxe e como cada domingo fun á Oficina de Obxectos Perdidos desta miña illa de náufrago, pois de madrugada, no medio da noite, parolando coma un obseso coas musas, decateime de que perdera un pincel co que, dende cativo, pinto nas paredes da miña cova. Xa sabedes cal é: o pincel ese que nos daban cando eramos nenos e nada sabiamos sobre a arte e sobre o correcto e sobre o ben e a proporción e a perspectiva e, e e e e e e debuxabamos polo pracer de debuxar. E así, no medio da noite deume un ataque de pánico ao meu decatar de que a medida que imos medrando imos facéndonos máis e máis parvos, é dicir, máis e máis conservadores. Porque cando somos cativos nos din na clase que cantemos, e cantamos. E non sabemos se desafinamos ou se estamos vulnerando algunha lei da musicoloxía, esa tiranía. Nós cantamos. E dinnos que escribamos unha historia e escribimos unha historia, sen nos preocupar de tramas, argumentos, deseños de personaxes e outras mamelucadas de manual. Escribimos e xa está.

Eu ando detrás dese pincel. Que me permita sempre xogar coa realidade como me pete, alleo a formas, modismos e tiranías de toda clase. Seguro que alguén ten algún por aí.

Que mo mande para a illa.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar