menu Menú
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (4)
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Oficina de Objetos Perdidos en diciembre 27, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
ALGO MÁIS SOBRE OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN Anterior DESTA VAI (O libro oblicuo) Siguiente

Hoxe fun preguntar, como cada domingo, por algo que se me perdeu á Oficina de Obxectos Perdidos que hai na miña illa de náufrago. Fun preguntar polo Compás Que Sempre Apunta Ao Norte, que foi o que se me perdeu, e que, paréceme, leva perdido toda a miña vida. Sei que debería ter un. Sei que debería ter claro Por Onde Queda O Norte. Pero non lles sei. E cada día cando saio de casa, cada ano cando poño follas novas no almanaque, busco por toda a cova a ver onde é que está, percorro a illa enteira na súa procura. Pero nada. Non teño ese Compás que si guía, seica, a tantos que non son náufragos.

Na Oficina dixéronme que ía aviado. Que a tiña clara. Incluso, maleducados, que como era que fora quen de chegar ata alí sen o Compás Que Sempre Apunta Ao Norte.

Non teño ese compás e, está claro, non vou chegar a ningures nunca.

Ou igual é que xa cheguei onde quería chegar.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar