Hai pouco, a actriz Naomi Watts explicaba que, como artista, precisaba sufrir, que era importante para ela o sufrimento, a dor, a toma de conciencia do tráxico que é todo para que a arte -no seu caso a interpretación- abrolle como é debido. Quizais así queda claro que o de actriz é, sen dúbida, un traballo dramático. A súa opinión concorda cun vello tópico, moi presente en xeral no mundo da arte pero moi en especial no da literatura, que mantén que a beleza (a fin de contas a arte é produción de beleza) só pode darse nun contexto atormentado. Así, poetas e escritores levan toda a vida explicando o desgazamento que tal verso ou tal estrutura novelesca provocou no seu aterecido espírito.
A ver: escribir é duro. Eu érgome ás cinco da mañá case que todos os días para darlle á tecla. E no parque, coa miña cativa nas rendeeiras, escribo poemas nun caderno que levo sempre comigo. Pero duro, o que se di duro, é andar no Gran Sol, na cola do INEM ou erguéndose pola mañá cavilando en que facer para traer cartiños para casa.
A pesar do das cinco da mañá, o exercicio da literatura é, para min, pracer, liberdade, posibilidade de vivir outros mundos, enerxía que me chega dende as personaxes e que fai, sen dúbida, que viva moitísimo mellor.
Sinto non concordar con Naomi Watts. A verdade é que non me importaría nadiña discutir isto devagariño con ela.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.