menu Menu
NECESITAMOS A ERNESTO SÁBATO!
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 24, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'O segredo de Marco Polo' Anterior PARA ESTA NOITE DE SAN XOÁN Seguinte

Hoxe Ernesto Sábato cumpriría cen anos. Como sabedes, morreu hai moi pouco, no mes de Abril pasado. Na historia queda por libros como El Túnel. Nada que discutirlle á súa gloria literaria.

Mais eu sempre o terei na miña mamoria asociado ao Informe que leva o seu nome e que permitiu abrir o proceso de enxuizamento á Xunta Militar Arxentina (que neste caso rima con Asasina) e a súa posterior condena (eles si souberon facerlle fronte ás feridas, non como aquí, que aínda hai quen non quere aplicar a Lei de Memoria Histórica). Grazas ao equipo que el dirixiu, a verdade sobre as atrocidades, cos seus nomes e apelidos, en toda a súa crueza, viu a luz. Sen dúbida, unha boa maneira de impedir que a barbarie se repita.

Pensaba en Sábato hoxe, ao tempo que espertaba lendo na prensa que en Holanda absolveron a un líder islamófobo que denigra ao islam dende o seu partido de ultradereita, ao tempo que vexo como algún mete os crucifixos nos parlamentos, ao tempo que vexo como en vez de ir para adiante, insistimos en ir para atrás e para atrás.

Eu preciso dun Ernesto Sábato que sente diante do papel e me explique todo isto. Que me sinale aos errados para apartalos e que deixen de amolar. Que ao final sempre hai alguén que sufre porque outro alguén pide comezar coas cruzadas…


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar