Un pasa a vida loitando por escribir unha páxina decente. Unha sería dabondo. Que o lector fose quen de dicir, carafio, que ben está isto que escribiu este fulano. E por iso os escritores nos deixamos as poucas neuronas en pensar a trama, en argallar os personaxes, en darlles vida, un pasado, algo que agachar, unha esperanza, un amor imposible. E nos documentamos. E en troques de durmir lemos outros libros para sabelo todo sobre a época sobre a que imos escribir. E retocamos a frase, quitamos esta coma de aquí, neste outro sitio iría ben unha paréntese… En fin, un traballo do demo.
Mais todo isto é perder o tempo, pois veño de ler unhas declaracións de Gustavo Bolívar, o escritor colombiano de Sin tetas no hay paraíso, serie que, seica, arrasa na televisión. Segundo el, o máis importante á hora de escribir é atopar un bo título. O que non sei é se o da súa novela o é.
Por se acaso, eu pídome o que encabeza estas liñas.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.