menu Menu
'Non hai nada máis contaxioso que o optimismo. E agora tócanos ser optimistas'
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 28, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
LIBERDADE? Anterior LE DE BALDE O PRIMEIRO CAPÍTULO DE 'ME LLAMABA SIMBAD', 'EM DEIA SIMBAD' OU 'CHAMÁDEME SIMBAD' Seguinte

Máis ou menos é a frase que digo ao final desta entrevista que me fixeron na Escola Gavina de Valencia, que visitei a semana pasada para presentar o meu Em deia Simbad e Me llamaba Simbad. Como xa fun contando nas redes sociais, falei cos cativos e as cativas, de quinto e sexto curso de primaria, en galego. Eles faláronme en valenciano. E podedes crerme que preguntaron moito!!! Ao día seguinte, na librería Abacus, cun público heteroxéno que ía dende pequerrechos a pais e nais, fixen unha animación só en galego. Dedicado aos que din que o galego e as linguas minorizadas, que non minoritarias, non serven para nada. O carallo, con perdón. Non serven para os que odian. Para os que amamos, así en xeral, as linguas todas, serven sen dúbidas. Nin un só cativo se estrañou. Nin un só deles e delas me dixo nada. En Galicia, sen embargo, aínda hai que andar a explicar (a moitos xornalistas, por exemplo) por que escribimos en galego…

Pois iso, queda aquí a entrevista. Falamos de moitas cousas. Entre outras, da necesidade de estarmos sempre ilusionados.

Ese é o meu discurso e de aí non van moverme nunca. Manteñamos vivo o facho da esperanza. Aínda que as axudas caian. Aínda que os xornais pechen. Aínda que a sociedade siga a vernos como tipos raros e tipas excéntricas por falar e defender a lingua indíxena. Sabemos que levamos razón. E que o futuro é noso.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar