Non hai quen os entenda. A estes do Club Financeiro.
Hai un mes ou así montan unha pirula de tres pares de bemoles co asunto da lingua argumentando ( é un falar ) que o galego era un freo para a economía e, tal e como o contaban, pouco menos que Galicia estaba en perigo de se convertir no desastre máis grande nunca coñecido por culpa dos que insisten en que hai que aprender galego desde pequenos. Deron a vara con iso. E tocáronos nese sitio con iso.
E onte van e lle entregan a medalla de ouro ao presidente de Barreras, é dicir, a unha empresa que, xusto no mesmo instante en que os do Clube Financeiro estaban cuspindo a súa galegofobia, este astaleiro decidía que toda a súa comunicación interna e boa parte da externa fose en galego.
Digo que non hai quen os entenda porque os contradictorios dirixentes do Clube Financeiro de Vigo premian a Barreras, ou sexa, a un astaleiro que ten o galego como lingua de seu «polo súa contribución ao desenvolvemento de Vigo e a súa área de influencia». Ou sexa, polos seus éxitos económicos.
A ver, que se aclaren.
Porque ou ben son unha panda de contraditorios ou o barullo aquel foi só por facer política.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.