Onte viña eu pola autoestrada absolutamente canso, a altas horas despois dunha xornada bonita pero esgotadora. E sóame o móbil. Contesto (mans libres, ollo) e sáeme un señor que me di, cun acento rarísimo:
– Buenas noches -daquela o tipo era consciente da hora que era- ¿es usted mayor de edad?
Inmediatamente pensei que ía recibir algunha clase de proposición de corte sexual. Algún convite interesante, vamos. Así que contestei.
– Si.
– Mire, le llamo de (aquí non digo a marca de telefonía móbil, para que non se mosqueen) y queríamos conversar un ratito con usted.
“¿Conversar?”, pensei, “¿e de que quererán conversar comigo desta empresa?”. Como era obvio que o que querían era que me pasase á súa compañía, decidín curtar inmediatamente:
-Mire, a verdade é que non me interesa cambiar de compañía.
-¿Y eso por qué?, ¿le han hablado mal de nosotros, tuvo alguna mala experiencia?
-Pois non, é que estou contento coa miña.
-Ya, ya, pero si está satisfecho, con nosotros puede llegar a estarlo mucho más.
O tipo tiña a lección comercial ben aprendida. E eu, de momento, non perdera as formas.
-Si, non lle digo que non. Pero mire, non perda o seu tempo comigo. De verdade que non vou cambiar.
-Por supuesto, amigo (“¿amigo??????”), pero déjeme conversar un ratico (sic) con usted.
De novo quería conversar. Notaba que entre o cansazo físico que tiña, e a mala hostia -con perdón- que aquela “conversa” estaba empezando a producirme, comezaba a correr serios riscos de accidentarme.
-¡Mire, vou colgarlle! ¡Agora non podo atendelo! ¡Non quero cambiar de compañía!
-Muy bien, entonces como no puede atenderme le llamaré mañana por la mañana.
-¡Non, non me chame mañá p0la mañá!
-¿Pero por qué? Yo le voy a llamar solo para conversar un ratico nomás (sic).
Respirei fondo e, medio berrando, dixen:
-¡Que non quero conversar, que non me chamen, que me deixen en paz!!!
-Muy bien, amigo (ai mimá…) le llamaré mañana a la mañana.
Xa berrando:
-¡Que non!, ¡que non me chame!, ¡prohíbolle que me chamen!
E colguei sen me despedir.
A próxima vez que me chamen para unha cousa destas direi que son menor de idade e que vou chamar á policía, cacho pederasta.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.