menu Menú
NON ME ENTENDO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 11, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
MELLOR ASTÉRIX QUE PLATÓN Anterior OS CATRO PÉS DO GATO Siguiente


Na revista Delibros leo unha interesante reportaxe arredor do auxe da novela histórica.
Entre outros contidos, ofrecen unha entrevista con Toti Martínez de Lezea, que nos últimos anos publicou máis de dez novelas deste xénero. Na entrevista di algo obvio co que é imposible non concordar… ou si. Pregúntanlle por que escribe novelas históricas. Responde: Imagino que porque siempre me ha gustado leer novelas históricas.
Semella obvio. Aquilo que lemos, despois, imitámolo.
Obvio, si.
Pois quedo preocupado.
Porque levo trece libros publicados, e dous son novelas históricas, Memorial do infortuio ( tamén en castelán ) e As palabras da néboa. E agora, ultimo outra.
Sen embargo, non son afeccionado ás novelas do xénero, non son consciente de telas lido na adolescencia nin na nenez e, agora, dou fe, non as leo máis que moi remotamente e case que como por obriga.
Xa que logo, non me entendo.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar