menu Menu
NON PODER SER OUTRA COUSA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xullo 4, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
SANTIDADE Anterior ENTRAR NO ARMARIO Seguinte


O gremio dos escritores/as debe de ser un dos que máis sofren ter que procurar unha resposta máis ou menos intelixente á pregunta sobre o por que da súa actividade. ¿Por que es escritor? ou ¿por que escribes? é algo que se nos interoga dende que comezamos ata que, probablemente, deixamos de escribir porque estiramos a pata. Detrás da insistencia sostida ao longo dos anos hai como unha especie de crenza por todos asumido en plan hai que ser raro/a para dedicarse a algo así. Coa de cousas sensatas que se pode ser na vida.
Eu sempre dou a mesma resposta que daba Onetti, de quen xa falei onte:
Son escritor porque non son capaz de ser outra cousa.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar