menu Menú
NOSTALXIA ( SEGUNDA PARTE )
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 26, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
LINGUA DE REIS E POETAS Anterior NOSTALXIA ( PRIMEIRA PARTE ) Siguiente


Nostalxia tamén, do intensos que eran os sabores. Saír da escola ( unitaria: oitenta nenos ou así desde «parvulitos» a oitavo de EXB ) da señorita Mary, e ir ao mercado, ao posto da miña nai, e pedirlle un duro, cinco pesetas de nada, e ir á de Concha, a «lechería», que así era como lle chamabamos a unha tenda na que merquei tebeos e chicles e celo e papel e de todo pero nunca leite.
Na de Concha, cravados polo pao nunha especie de cilindro transparente, estaban os Chupa Chups. Había nenos repelentes que lle facían meter a man dentro daquela urna de azucre e felicidade unha chea de veces ata que Concha sacaba o que eles querían. Eu non. Eu sempre fun máis sinxelo. «¿Cal queres, neno?». «Tanto ten, Concha, o que me deas». E Concha sacaba un chupa calquera e eu sacaba aquel plástico e xa era un chisquiño máis feliz.
Agora, seica, os Chupa Chups cumpren 50 anos. E horror dos horrores, a empresa vén de anunciar que van saír sen pao. Que outro vai ir recheo de chocolate, pero sen azucre, e que outros serán brandos e con zume de froitas dentro.
Nostalxia dun tempo que xa foi. Dun eu que xa non volverá ser.
Chupa chups sen pao… vivimos na era da farsa.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar