Hoxe, despois da Asamblea Xeral de Socios e de Socias de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), saiu escollida unha nova directiva que terá que, durante os dous vindeiros anos, estar cando menos á altura da directiva saínte ao tempo que terá que desenvolver proxectos de futuro para seguir colaborando no prestixio e visibilización do traballo dos escritores/as, ilustradores/as, bibliotecarios/as, tradutores/as… e, en definitiva, de todos aqueles e aquelas que temos algo que ver coa Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia.
A directiva, de momento, queda así:
PRESIDENTE: Francisco Castro
VICEPRESIDENTA PRIMEIRA: Ánxela Gracián
SECRETARIA: Montse Pena Presas
TESOUREIRA: Ledicia Costas
Durante as vindeiras semanas iremos constituíndo o resto do Consello Directivo.
Espéranos moito traballo. Pero imos sobrados de ilusión.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.