menu Menu
NUMERATI
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 27, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
EXISTE O XORNALISMO DE OPINIÓN? Anterior MENOS MAL QUE TEMOS OS FACEBOOKS Seguinte

camara

O pasado domingo, o suplemento de El País publicaba un impactante texto de Stepen Baker sobre os Numerati, que a pesar de ter nome de secta relixiosa de orixe medieval propia de calquera novela tipo Dan Brown, en realidade é o nome que reciben os matemáticos e enxeñeiros informáticos que traballan para as grandes corporacións multinacionais para ler os nosos correos, ver cando é que falamos polo móbil, que páxinas web visitamos e en que nos detemos máis e, incluso, como camiñamos ou que partes da cidade visitamos máis ou menos. Todo co obxectivo, segundo eles, de ter máis información sobre nós, ofrecernos unha publicidade personalizada e ata -cacho hipócritas- previrnos enfermidades.

Se alguén quere aprobar isto como o que veño de escribir, pois vale, pero, probablemente, o único que se agocha aí, aínda que moi veladamente, é un intento por controlarnos mellor.

E non é por autobombo (a ver: un pouquichiño si) pero este menda lerenda xa escribiu algo sobre iso.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar