Dentro dunhas semanas sairá do prelo o meu libro Sinbad deitzen zidan, versión en éuscaro do orixinal galego que publicou a Editorial Galaxia en 2009, Chamádeme Simbad. O libro sairá publicado na Editorial Alberdania e será presentado en distintas cidades de Euskadi na semana do 17 de setembro. Irei ofrecendo a información detallada en días vindeiros.
De momento, dámos conta da saída do libro. Teño xa moitas ganas de telo nas mans.
Esta é unha nova tradución para un libro que, ademais do orixinal galego, foi publicado en catalán, castelán e portugués do Brasil. Agora, sae en éuscaro neste 2018 na que terei tamén outras interesantes novidades literarias que comentar.
Autor moi, moi contento.
chamádeme simbad editorial alberdania editorial galaxia sinbad deitzen zidan
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.