menu Menu
O 82 % DOS NENOS E NENAS DE GALICIA NON APRENDEN A FALAR EN GALEGO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 2, 2017 0 Comentarios 1 min lectura
É facebook un medio de comunicación? Anterior Fecernos oír: investir máis en cultura Seguinte

Cando a semana pasada celebramos o Día da Lingua Materna coñecemos algúns datos abraiantes como que só o 18 % dos nenos e nenas DE GALICIA aprenden a falar en galego ou, dito doutra maneira, que o 82 % das nenas e nenas DE GALICIA (non de Australia ou de León, poño por caso) medran EN GALICIA e non aprenden a falar ben en galego.

Os datos veñen dunha fonte tan pouco sospeitosa como é o Instituto Galego de Estatística e que sinala nun estudo recente que áreas como as de A Coruña e Vigo, é dicir, onde se concentra a meirande parte da poboación galega, presentan cifras de galegofalantes inferiores ao 20 %.

Se alguén é quen de dicirme que isto non é unha traxedia, pois iso, ánimo e que mo explique.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar