menu Menú
O ANIMAL MORIBUNDO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en agosto 6, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
LECTURAS DE VERÁN: EUME Anterior UNHA CHEA DE FRUSTRADOS Siguiente


Leo que Isabel Coixet xa está montando a súa adaptación da novela de Philip Roth, El Animal Moribundo. Os protagonistas serán Ben Kingsley e Penélope Cruz.
Os que seguides este meu blog xa sabedes da miña querencia por Roth, e que adoro a súa obra. Sen embargo, esa novela é a única do autor estadounidense que non me gustou. Cando digo isto en público, sempre hai quen se bota as mans á cabeza. Para defenderme, sempre digo que debe de ser defecto meu.
Daquela, por unha vez, espero que a película supere ao orixinal.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar